O Concello de Silleda agradece a Mencer as novas aportacións de froitas ao Banco de Alimentos
O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Dolores García, quere amosar, unha vez máis, o seu agradecemento á asociación solidaria Mencer de Lalín, que vén de entregar 200 kilos de laranxas e mandarinas ao Banco de Alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.
Estes alimentos repartiránse entre as familias con menos recursos do municipio, usuarias do Banco de Alimentos, dende onte continúa a recollida de produtos nos supermercados de Silleda e A Bandeira.
“Temos que agradecer a colaboración deste colectivo de Lalín, que xa en varias ocasións está a colabora con nós, ao igual que moitos veciños e veciñas, establecementos, asociacións, empresas e colectivos que están a facer achegas ao programa”, engade Dolores García.











