O Centro Social dos Maiores da Bandeira acolle o venres 27 a Festa de Namorar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O vindeiro sábado día 27 celebrarase no Centro Social dos Maiores da Bandeira a Festa de Namorar, con motivo da festividade do San Valentín. A celebración terá lugar entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, con pinchos para os asistentes, chocolatada e animación musical en directo a cargo de Suso de Melide. O prezo é de 5 euros por persoa. Para anotarse, os interesados poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira, o de Silleda, ou chamar ao 986 592037. Así mesmo tamén se celebrarán sorteos coma a de unha sesión de spa para dúas persoas, por xentileza do Hotel Vía Argentum.

Dende a Concellería de Participación Cidadá, Pilar Peón anima a todos e todas os maiores a acudir a esta cita que se vén celebrando con éxito e agradece a colaboración do hotel Vía Argentum.

23 de febreiro de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.