O BNG da Comarca de Deza denuncia a deficiencia dos servizos de Correos tras a redución de persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Na Comarca foron amortizadas varias prazas por xubilación, así como existe a pretensión de reducir tanto a cuantitativamente o servizo, tanto nas oficinas de atendemento ao público como no reparto.

Non se substitúen as ausencias por licenzas e permisos e as vacacións do personal non se fan cubrindo a empresa con contratos eventuais das listas de contratación creadas ao efecto. Por este motivo teñen o resto dos traballadores de reparto cubrir os percorridos que non fan os títulares dos repartos cando estan de baixa.

Cando o persoal está de asuntos propios e vacacións principalmente isto conleva unha sobrecarga de traballo para o resto do plantel que non dá asumido máis carga de traballo.

Os repartos están dimensionados con sobrecarga de rutas moi longas e con camiños e pistas en estado moi precario e mala conservación, sumado á moita dispersión das vivendas e a penosidade de ter que facer os repartos con moitos días de chuva e temporais, etc. A empresa só ten criterio para medir, baseándose en dous factores que son moi subxectivos e relativizan o sobreesforzo que fan os carteiros no rural galego: as distancias en quilómetros e os censos de poboación, variábeis que aplicadas linealmente en Galiza non fan xustiza á nosa realidade.

6 de febreiro de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.