O BNG comarcal A Estrada-Deza convoca á veciñanza a participar na manifestación en defensa da lingua galega
O Bloque Nacionalista Galego da Comarca como unha das organizacións integrantes da Plataforma cidadá Queremos Galego, a cal ten convocada unha manifestación nacional na defensa da lingua galega, con lema Polas fillas dos nosos fillos, con saída da Alameda de Compostela o vindeiro domingo 8 de febreiro ás 12 da mañá, mostra con este comunidado todo o seu apoio na mobilización deste vindeiro domingo a prol da nosa lingua propia, e convoca a toda a xente de Deza e Tabeirós-Montes que teña sensibilidade e querencia pola lingua galega, a que secunde a manifestación acudindo o domingo a Compostela para demostrarmos que queremos defender a lingua con dinamismo para perpetuala no futuro, xa que como dicía Castelao: “se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.
Amais o BNG anima a asinar o manifesto (tanto persoa individuais como colectivos) que leva por título o mesmo lema que a mobilización, Polas fillas dos nosos fillos, para demostrar que somos tamén centos de cidadáns da nosa comarca os que queremos vivir un presente positivamente para que siga florecendo libremente e con todas as oportunidades como peza básica na comunicación e identedade do pobo galego.