Nova visita guiada á exposición do Santa Isabel
Mañá mércores ás 18.30 horas terá lugar unha nova visita guiada á exposición do Santa Isabel que se exhibe no Auditorio. A comisaria Pilar Casas Gil indica que xa hai reservas de adultos, sobre todo profesores de distintos centros educativos, pero a actividade está aberta calquera interesado sen necesidade de inscrición previa.











