Máis de 270 estudantes de Riveira disfrutaron dunha actuación musical con motivo do Día de Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Público asistente ao concerto

Público asistente ao concerto

Un total de 278 rapaces pertencentes a catro centros educativos do municipio disfrutaron hoxe no Auditorio dunha actuación musical para conmemorar o Día de Rosalía de Castro no 178º aniversario do seu nacemento.

Os alumnos de IES Número 1, IES Leliadoura, CIFP Coroso e colexio Bayón asistiron ao espectáculo “Na lingua que eu falo”, con Najla Shami á voz e Héctor Lorenzo á guitarra.

A actividade estivo promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira e contou coa participación da responsable deste Departamento, Alicia Fernández, e máis da edil de Educación Maricarmen Vizcaya.

Unha vez rematada a actuación, os asistentes tiveron ocasión de participar nunha charla coloquio en torno á Rosalía de Castro e a súa obra.

24 de febreiro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.