Hosteleiros e empresarios de Riveira informan das bases do concurso de disfraces de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Enmarcado dentro do Carnaval 2015, a Asociación de Hostaleiros de Riveira e Asociación de Empresarios de Riveira organiza un concurso de disfraces premiando con diversas gratificacións en cartos e especie. As condicións e requisitos para a participación nos concursos son as seguintes:

1.- PARTICIPANTES

1.1.- Poderán participar aquelas persoas maiores de 18 anos. Non obstante o anterior, non poderán participar aquelas persoas, membros fundadores ou socios, pertencentes á Asociación de Hosteleros de Riveira nin empregados dos locais participantes.

1.2.- Aqueles participantes que opten os premios do día, venres 13 de febreiro terán as seguintes especificacións:

– Si se presentan para grupo non poderán optar o premio en parella nin individual.

– Así mesmo os participantes que opten o premio de parella non poderán participar na categoría individual.

2.- CONCURSO

O concurso ten por finalidade premiar aquelas persoas que, conforme á mecánica do presente concurso, resulten elixidas como mellores disfraces do ENTROIDO 2015, no municipio riveirense. Por un lado o venres 13 de febreiro e por outro o sábado 14, este último día coa temática de parellas máis glamurosas.

2.1. Mecánica do concurso

Poderá formar parte do concurso toda persoa ou grupo de persoas que se inscriban no primeiro local hostaleiro, dos organizadores do evento, ao que asistan a noite do 13 de Febreiro de 2015 e a noite do sábado 14 de febreiro. (Concursos independentes).

No mesmo, proporcionaráselle unha tarxeta, dividida en casiñas, nas que irán os nomes de varios dos establecementos colaboradores. Para completar a inscrición no mesmo e poder ser cualificado polo Xurado do concurso, os participantes deberán acudir polo menos a sete dos locais reflectidos na súa tarxeta de participación. O responsable de cada establecemento selará a súa tarxeta, e esta, unha vez estea completa deberá ser entregada no local no que se estampe o sétimo selo, ou posterior. Os selos gravados na tarxeta non poderán ser repetidos e deberá corresponder cada un á súa casiña. (Cantos máis selos máis valoración acadarase).

Todos os participantes no concurso serán fotografados polo menos por un dos organizadores do mesmo, e esta instantánea será utilizada para a deliberación do Xurado, cedendo o dereito da mesma imaxe, ademais da opinión dos responsables dos locais aos que asista o participante/s.

2.2.Requisitos de participación

Unicamente tomarán parte aquelas persoas que estean interesadas en participar neste concurso e completen a tarxeta de inscrición cos datos persoais necesarios para efectuar a súa alta no concurso.

A tarxeta de inscrición deberá ser totalmente cumprimentada, quedando a criterio dos organizadores do evento a invalidación da participación no mesmo naqueles casos nos que algún campo non fose cuberto, algunha casiña non estivese selada, ou o fixera de forma defectuosa.

Así mesmo, a Organización resérvase o dereito a descualificar e xa que logo, a excluír do concurso, a aqueles participantes que non reúnan os requisitos de validación que considera necesarios.

2.3.Duración

O concurso desenvolverase nas rúas do municipio de Riveira durante a noite do día 13 de Febreiro e o sábado 14 de febreiro de 2015. O reparto de tarxetas dará comezo ás 22.00 horas nos locais hostaleiros. Todo aquel participante que o solicite, poderá recollela nun dos locais colaboradores, e dispoñerá de seis horas para completar o proceso de validación da mesma cos selos correspondentes.

O selo das tarxetas de participación concluirá ás 04.00 horas. A partir de entón pecharase o proceso de validación dos participantes no concurso, polo que non se admitirá a entrega de ningunha tarxeta.

2.4. Obrigas

Os locais participantes teñen a obriga de recibir os concursantes e completar a ficha de valorizacións. Así mesmo a custodiar as tarxetas dos participantes que se entreguen no seu establecemento, ata a recollida das mesmas por parte da organización.

3.- PREMIOS

3.1. Concurso de disfraces venres 13 de febreiro.

1ª Categoría.

Existen catro premios de primeira categoría.

Os premios serán entregados o martes día 24 de Febreiro na Gala Solidaria Anual da Hostalería de Riveira.

Os premios serán outorgados aos mellores disfraces ou conxuntos dos mesmos establecéndose as seguintes modalidades premiadas.

– INDIVIDUAL

1º PREMIO: 100€

2º PREMIO: 100€

– PARELLA

1º PREMIO : 200€

– GRUPO (mínimo de tres persoas)

1º PREMIO: 400€

2ª Categoría

Existen varios premios de segunda categoría.

Serán outorgados aos distintos participantes que consigan a cualificación de finalistas nas distintas modalidades, e para iso deberán completar o podio dos premios pertencentes á primeira categoría.

– INDIVIDUAL

3º PREMIO: 4 MASAXES

4º PREMIO: 2 MASAXES

– PARELLA

2º PREMIO: 2 MASAXES e 2 PADEL

3º PREMIO: 4 SECCIONS AQUAGYM

– GRUPO

2º PREMIO: 10 SECCIONS DE PADEL e 10 SECCIONS DE AQUAGYM

3º PREMIO: 10 SECCIONS DE PISCINA CON SECCIONS SPA.

Todos os participantes terán un premio seguro completando debidamente e entregando a tarxeta nos locais participantes:

– 1 masaxe no Complexo Deportivo da Fieiteira (Previa cita na oficina de deportes). Este NON é acumulativo con outros premios.

Os premios desta categoría obteranse presentando o DNI dos premiados no Complexo Deportivo da Fieteira en horario da oficina de deportes e poderase disfrutar previa cita na mesma oficina.

A Asociación poñerase en contacto cos participantes para facer efectiva a entrega das gratificacións aos finalistas e gañadores das categorías premiadas.

3.2. Sábado 14 de febreiro

Concurso de parellas máis glamurosas.

PREMIO UNICO: 1 NOITE CASA RURAL, cunha caixa de bombóns e unha botella de champan. (Previa cita no establecemento rural).

4.- XURADO

O Xurado do concurso estará composto polos membros da Asociación de Hostaleiros de Riveira e os locais participantes.

5.- IMAXE E DEREITOS DE AUTOR

Os participantes do concurso, ao completar a ficha de inscrición facilitada polos organizadores do evento ceden automaticamente os dereitos de divulgación e reprodución por Internet ou por calquera outro medio audiovisual, das fotografías que se tomen durante o desenvolvemento do mesmo. Esta cesión realízase no contexto do presente concurso.

Así mesmo, os participantes consenten automaticamente ao participar no presente Concurso a utilización de devanditas imaxes nas que poidan aparecer, para os fins descritos no parágrafo anterior.

6.- ACEPTACIÓN DAS BASES

A aceptación destas Bases é condición necesaria para a participación no concurso e, por conseguinte, para poder optar aos premios. O incumprimento por calquera participante das condicións establecidas nas Bases suporá a súa anulación automática do presente concurso.

6 de febreiro de 2015 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.