Cuiña pídelle a Espiño que non minta porque o Concello nunca tuvo nada que ver coa demanda por mostrar o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, pídelle ao voceiro do PP que “deixe de mentir aos veciños sobre a causa xudicial contra el e outros edis populares por amosar o PXOM antes de ser aprobado”. Á vista da valoración feita en días pasados, logo do arquivo da causa, Cuiña advirte que José Luis Espiño “falta á verdade cando acusa ao Concello e este goberno de iniciar o proceso xudicial”, engade.

Así, explica que “o único que se fixo foi poñer os feitos, por parte da entón alcaldesa, Paula Fernández, no exercicio da súa responsabilidade, en coñecemento do xulgado por ser foran constitutivos dun delito”.

“Pero o Concello nin formulou denuncia algunha, nin se personou no caso, e moito menos terá que pagar nada por esta causa que se arquiva”, engade Cuiña, explicando que foi a Fiscalía quen actuou.

“Xamais o Concello estivo personado nesta casusa, por iso o señor Espiño debe deixar de mentir”, engade.

O alcalde reitera “que o PP non pode terxivesar desa maneira este caso e enganar aos veciños decindo aínda por riba que o Concello terá que asumir custes por este pleito”, engade.

Respeto á decisión xudicial

Cuiña declina entrar a valorar en sí o arquivo da causa, ”porque nunca nos pronunciamos sobre este caso públicamente, aínda que ben poderiamos facelo porque o propio fallo xudicial alude a que foi un feito premeditado con carácter electoralista”, e advirte que o goberno respeta sempre as decisións xudiciais.

16 de febreiro de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.