Cuiña lembra que a igrexa non cedeu o uso da capela de San Sebastián para poder realizar as obras
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, reitera ao portavoz do PP “que faga críticas con seriedade e rigor”. Así, o rexedor, ante as aseveracións sobre a capela do San Sebastián, en Moalde, advirte que o PP de Silleda “unha vez máis volve a facer o ridículo demostrando que non ten nin idea do que falan”.
Así, o alcalde explica que o proxecto presentado con cargo aos fondos do PID 2013 para arranxar a capela foi rexeitado pola Deputación por non ser o edificio de titularidade.
“Pedimos ao Obispado a cesión da ermita, pero non cederon tan sequera o uso do edificio para facer as obras de rehabilitación proxectadas”, sinala o alcalde “e polo tanto o Concello non pode obrar nun inmoble que non é de titularidade municipal. É de traca que acusen ao Concello do deterioro do edificio”, engade.
“Se hai falta de rigor neste caso é a do PP, que como xa nos tén acostumados volve sair alegremente nos medios faltando á verdade e demostrando non ter nin idea do que din, e o que é peor, criticando cuestións sin informarse previamente”, sinala.
Cuiña lembra que o arranxo da capela do San Sebastián foi unha petición veciñal que o Concello de Silleda asumiu realizando o proxecto que se presentou ao PID, “pero que finalmente non foi posible”.
“Din que a ignorancia é atrevida, e no caso do voceiro do PP cúmprese este dito”, apunta o alcalde lamentando “que antes de sair públicamente decindo sandeces se informara previamente para contrastar os datos”, engade.
“É vergoñento ver como aínda por riba culpa a este goberno de incumprimentos, falta de rigor e de compromiso, cando o seu partido é especialista precisamente nisto”, sinala.
Sobre a petición de arranxo Cuiña propónlle a José Luis Espiño mediar ante a Igrexa para que cedan o uso da capela “que se cadra el ten fío directo cas autoridades eclesiásticas”.
Por último Cuiña recomenda ao PP de Silleda facer “un exercicio de autoreflexión e apostar por facer unha oposición cando menos seria, e deixarse de ser uns badulaques e por riba mentireiros”, remata.











