Comezan as obras de pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que hoxe deu inicio unha nova actuación consistente na pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro, no tramo situado entre as rotondas coñecidas como da poutada e da serea, moi preto do barrio de Abesadas.

A superficie a asfaltar cunha mestura bituminosa en quente é de 1.930 metros cadrados. Ademais, nunha área de 550 metros cadrados será necesario fresar previamente ao atoparse nestes momentos lixeiramente afundida con respecto á cota da calzada.

A empresa executora da obra é Canarga, S.L. O seu importe, 34.795,47 euros.

23 de febreiro de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.