Colocación de láminas con poemas e reparto de marcapáxinas nos centros de ensino de Silleda no Día de Rosalía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda volve sumarse un ano máis á celebración do Día de Rosalía, que terá lugar o vindeiro martes día 24, data na que se conmemora o nacemento da poetisa do Sar. Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura repartiranse entre os escolares de Infantil, Primaria ESO e tamén na Escola Infantil A Galiña Azul marcapáxinas conmemorativas. Os usuarios que retiren libros durante esta xornada na Biblioteca Pública Daniel Castelao recibirán este mesmo agasallo. Tamén se colocarán láminas con poemas da autora en distintas dependencias municipais.

Nos centros educativos tamén se celebrarán diversas actividades o martes. Así, no CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira e no IES Colmeiro sumaránse á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que baixo o lema “Eu son Rosalía”, propón a gravación dun video comezando con esta frase. Ademais noutros centros educativos tamén está previsto celebrar distintas actividades en torno á figura de Rosalía de Castro e da súa obra.

19 de febreiro de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.