A Xunta denenga a dotación de pasos elevados na rúa Ramón de Valenzuela da Bandeira
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de responder negativamente á petición formulada dende o Concello de Silleda para a dotación de pasos de peóns elevados na rúa Ramón de Valenzuela, na Bandeira.
O pasado mes de novembro, dende o goberno local solicitouse á Xunta, como titular deste tramo urbano, situado na estrada PO-204, esta medida de seguridade viaria tendo en conta que se trata dunha zona con grande densidade de poboación na vila e a inexeitada velocidade pola que circulan ás veces algún vehículos.
Dende a Xunta comunicaron en días pasados ao Concello que a elevación dos pasos de peóns non se considera precisa actualmente “xa que non consta que houbera accidentes por atropelo nos últimos cinco anos en dita travesía”, unha resposta que o alcalde, Manuel Cuiña considera lamentable, “xa que o pedimos precisamente como medida disuasoria atentendo tamén as queixas dos veciños e residentes polas situación de perigo que xa se teñen producido”, engade.
Dende a Xunta advírtese que se estudiará a posibilidade de mellorar a sinalización horizontal e vertical para lograr un maior cumprimento das limitacións de velocidade. “Agardamos que estas medidas se adopten canto antes”, engade o alcalde.
Arranxo de fochancas
Por outra banda, no mesmo escrito tamén se informa do inicio dun expediente sancionador á empresa subministradora de gas que deixou sen arranxar o vial nun dos puntos desta rúa, onde se atopan varias fochancas. “Alegrámonos de que se esixa a esta empresa o arranxo que corresponde neste vial, logo das obras que realizaron, uns arreglos que xa vimos reclamando en varias ocasións dende o Concello de Silleda”, engade o alcalde.











