A mecanización agrícola e a normativa para a maquinaria serán materia de análise en Cimag-GandAgro 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSilleda
A-
A+
Vista da Feira Cimag-GandAgro da edición anterior

Vista da Feira Cimag-GandAgro da edición anterior

A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015, a cal se celebrará do 19 ao 21 de febreiro na Feira Internacional de Galicia, dedicará unha xornada a analizar diversos aspectos de interese relacionados coa mecanización agrícola en Galicia e a normativa relativa á maquinaria.

Así, Luis Márquez, presidente de AENOR/CTN 68 “Tractores y maquinaria agrícola”, explicará a situación actual da mecanización en Galicia, comparando as ventas de maquinaria en 2014 coas rexistradas nos anos anteriores e analizando os seus puntos fortes e débiles.

Ademais, este recoñecido enxeñeiro agrónomo falará do futuro da mecanización na comunidade e dará a coñecer interesantes innovacións en maquinaria, especialmente en sectores de interese para Galicia, como o do forraxe.

Por outra banda, a xornada abordará noutro relatorio a normativa para a inspección técnica e a circulación de maquinaria agrícola que entrou en vigor recentemente e que afecta a remolques, motocultores e outra maquinaria moi frecuente en Galicia. O encargado de explicala será Ignacio Ruiz, secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat).

Programa de actividades

Esta xornada enmárcanse no programa de actividades de Cimag-GandAgro, dirixidas tanto a profesionais do sector como a agricultores e gandeiros, o cal ademais doutras xornadas de gran interese acollerá demostracións, presentacións e os recoñecido concursos de gando frisón e os de innovación GandAgro Innova 2015 e Máquinas Destacadas 2015, que premiarán as novidades presentes no certame.

4 de febreiro de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.