A comisaria da expo sobre o Santa Isabel participa nunhas xornadas sobre as illas Atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

“O Santa Isabel: historia dun naufraxio en augas de Sálvora” é o título da conferencia que Pilar Casas Gil, comisaria da exposición que se está exhibir no Auditorio de Riveira, vai ofrecer en Vigo no marco das Terceiras Xornadas de Investigación e Seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: unha iniciativa organizada polo Instituto Español de Oceanografía e o Parque Nacional das Illas Atlánticas que terá lugar os días 25 e 26 de febreiro no Centro de Visitantes desta última entidade, sito na cidade olívica.

Pilar Casas será a encargada de abrir ás 9.30 horas a segunda xornada (xoves 26), xornada na que se afondará tamén noutras cuestións vinculadas ao espacio protexido: dende a presentación dunha guía básica de aves mariñas da súa contorna, ata a historia da arqueoloxía submariña, a diversación e conservación de anfibios e o manexo do mato e conservación do cabalo galego na illa de Sálvora.

No día anterior, a xornada de investigación será inaugurada pola directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta, Verónica Tellado, e polo director do parque, José Antonio Fernández, para a continuación abordar outras materias das liñas futuras no seguimento pesqueiro e marisqueiro, o programa de vixiancia de basuras mariñas en praias ou o seguimento do brillo do ceo e a contaminación lumínica (achégase programa).

Visita do colexio A Milagrosa

A participación de Pilar Casas neste importante encontro suporá unha nova ocasión de seguir divulgando a exposición de Riveira, a máis ambiciosa nunca realizada sobre a traxedia do Santa Isabel: unha mostra que no día de hoxe foi visitada por 47 alumnos de 3º e 4º de ESO do colexio A Milagrosa de Oleiros.

24 de febreiro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.