publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Nespereira acolle a representación teatral de “Un mal día”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPazos de Borbén
A-
A+

A Casa da Cultura de Nespereira, en Pazos de Borbén, aposta por un fin de semana divertido coa obra de teatro “Un mal día”,a cargo da compañía Todos Xuntos. Un espectáculo cheo de humor que pretende facer reflexionar os asistentes a través dunha afinada ironía. A representación terá lugar o sábado ás 19:30 horas no auditoria da Casa da Cultura. Esta obra está recomendada para todos os públicos e habilitarase un servizo especial de gardaría durante a función para que os asistentes poidan acudir acompañados dos seus fillos.

“Un mal día” de Hugo Marcos é unha comedia de enredos, con alta dose de humor e enxeño. A historia céntrase nos enredos provocados por un director de cine a punto de comezar a rodaxe da súa próxima película. Polo cal recibe no seu departamento a visita de amigos, a súa noiva, os seus sogros, e outros personaxes que causan unha serie de equívocos que provocan a risa de todo o público.

6 de febreiro de 2015 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.