publicidade hoxe

A biblioteca de Pazos de Borbén celebra o 150 aniversario de Alicia no país das marabillas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O conto “Alicia no país das marabillas” cumpre 150 anos e a Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén celebra este aniversario cunha sesión de contacontos infantís. A representación terá lugar mañá ás once da mañá no salón de lectura da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén e ten como obxectivo fomentar o hábito de lectura entre os nenos e nenas do municipio. A función está dirixida a nenos a partir de 5 anos e a entrada é totalmente gratuíta. Só é preciso inscribirse previamente nas dependencias da biblioteca de Pazos de Borbén, no centro Antena. A actividade está financiada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.

Alicia no país das marabillas é un clásico da literatura inglesa é unha obra de literatura creada polo escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido baixo o pseudónimo de Lewis Carroll. Nesta ocasión chega á biblioteca de Pazos de Borbén de man de Marisa Irimia en forma de conto animado. A través de xogos e fantasía cóntanos a historia dunha nena que se resiste a crecer. Na súa viaxe ao País das Marabillas, Alicia descobre que as súas accións e decisións se ven influídas por forzas externas que non pode controlar. Estraños e divertidos personaxes acompáñanlle cara ao seu sono final nun mundo máxico onde todo é posible, onde se recorda o futuro, onde grande ou pequeno é relativo, onde as palabras non só describen ou narran o pasado, senón que crean accións ao ser pronunciadas.

25 de febreiro de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.