A Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe celebra a cea de entroido e o Día do Teatro este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Asociación Cultural e Veciñal de Ansemil-Martixe celebra este sábado a súa tradicional xuntanza de fin de mes, que nesta ocasión se convertirá nunha cita especial, ao celebrar tamén a cea de entroido e a conmemoración do Día Mundial do Teatro.

A cita comezará ás 20.30 horas coa representación de catro pezas teatrais a cargo do grupo da Asociación Coto Manguelo de Orazo.

Ao remate, celebrase a tradicional cea de entroido.

Inauguración das obras de mellora

O acto tamén servirá para a estrea das melloras no centro social da parroquia, onde o Concello en colaboración cos veciños realizou distintas actuacións. Así rexuntouse a pedra das paredes no local da pranta baixa e tamén se dotou de plaqueta ás dúas salas do edificio, ademais de realizar tarefas de pintado.

Está prevista a asistencia de máis de 80 persoas Prevese a asistencia de máis de medio centenar de persoas. Para rematar a celebración deste colectivo, que todos os últimos sábados de mes se xunta no local, celebrase a actuación dos Gaiteiros da Pereiriña.

26 de febreiro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.