Unha beirarrúa con pasamán de 60 metros de longo mellora a seguridade viaria no acceso a Fieiteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Beirarrúa instalada

Beirarrúa instalada

O Concello de Riveira informa da realización dunha actuación que estivo dirixida a a mellorar a seguridade dos peóns así como a accesibilidade nun dos accesos ao Complexo Polideportivo da Fieiteira.

Neste senso, operarios da empresa Jenaro Construcciones e a Brigada Municipal de Obras estiveron traballando na construción de 60 metros liñais de beirarrúa.

Gran pendente

Trátase dun tramo cunha pendente moi elevada ao que tamén se equipou cun pasamán metálico de idéntica lonxitude para axudar a afrontar o tramo ás persoas con dificultades de mobilidade.

28 de xaneiro de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.