Un tramo do Rali do Cocido volverá pasar polo municipio de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Reunión da Escudería Lalín Deza e o edil silledense

Reunión da Escudería Lalín Deza e o edil silledense

O concelleiro de Deportes de Silleda, Klaus Brey, mantivo hoxe un encontro con Alex Moure e Juan Ramón Abeledo, da directiva da Escudería Lalín Deza, de cara a preparar o percorrido do Ralli do Cocido polo municipio.

Así, o certame automovilístico, que terá lugar os días 20 e 21 de marzo, volverá a pasar por terras silledenses. Tamén se fará un reagrupamento no centro da localidade, como xa ocorreu na última edición xunto á praza da Feira Vella.

Dende o goberno municipal Klaus Brey amosoulles o apoio do Concello á iniciativa e felicitounos polo éxito acadado na última edición.

15 de xaneiro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.