publicidade hoxe

‘Star Center’ érguese como o comercio favorito na campaña ‘Máis que comercio!’ no CCA de Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

A tenda de electrodomésticos Star Center foi escollida como o comercio favorito dos participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de decembro nos establecementos asociados ao CCA de Noia.

Este comercio foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado, salientou que ademais de destacar o traballo dos centros comerciais abertos Máis que comercio! ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade. A iniciativa da Consellería de Economía e Industria sumou en Noia preto de 23.000 participacións, o que situou ao CCA noiés como o máis activo durante o mes de decembro.

Sol Vázquez lembrou que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCA de Noia resultou beneficiado con apoios por 40.000 euros en 2014, e cuxa nova convocatoria vén de activarse.

15 de xaneiro de 2015 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.