Rematan as obras de mellora do adro da igrexa de Pontellas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
O alcalde do Porriño visita o adro reformado

O alcalde do Porriño visita o adro reformado

O alcalde do Porriño, Nelson Santos, acompañado pola concelleira de Facenda e Xuventude, Iria Lorenzo, e o edil de Emprego, Deportes e Festexos, M. Alejandro Lorenzo, visitou onte a igrexa parroquial de Santiago de Pontellas para comprobar o resultado das obras de mellora acometidas polo Concello do Porriño e a propia parroquia, que finalizaron tras un investimento de rolda os 6.000 euros.

Respondendo á petición dos veciños de Pontellas procedeuse á construción dunha rampla de acceso ao adro do templo parroquial. As escaleiras que salvan o desnivel que existe entre a rúa e a entrada da igrexa, dificultan o acceso a persoas maiores, con mobilidade reducida ou con carriños de bebé, polo que, seguindo os criterios de accesibilidade para a eliminación de barreiras arquitectónicas, se procedeu á construción desta rampla co fin de posibilitar o acceso o templo a todos os veciños de Pontellas.

O alcalde do Porriño, Nelson Santos, explicou “Con esta reforma conséguese facilitar e permitir que, tanto os fregueses coma todos aqueles que desexen acceder ao templo parroquial, poidan facelo sen encontrarse con ningún tipo de obstáculo”, e conclúe, “Porriño dispón dun rico patrimonio que debemos conservar e facer accesible para todos”.

Por outra parte, construíuse un novo muro de pedra que enmarca o adro nun dos seus laterais, derruíndo o anterior que se encontraba visiblemente deteriorado polo paso do tempo.

22 de xaneiro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.