Remata o proceso de reordenación dos colectores de lixo no casco urbanode A Bandeira e Silleda
O Concello de Silleda está rematando o proceso de reordenación dos colectores de lixo, que comezou hai dúas semanas logo da implantación do sistema de carga lateral.
Dende a Concellería de Medio Ambiente advírtese que as novas unidades triplican a capacidade dos antigos colectores, e polo tanto non se pode manter o número de dispositivos que había anteriormente.
Así, apélase á colaboración cidadá para adaptarse á nova reorganización. Nas rúas de Silleda e da Bandeira quedaron recolocados, formando nalgúns puntos máis céntricos ou con maior densidade de poboación, illas agrupando todos os tipos de recollida en distintos puntos da vía pública.
“No caso de xurdir novas suxerencias por parte dos usuarios, serán estudiadas as posibilidades, pero ao tratarse de colectores de maior capacidade non se pode manter o número de unidades que había anteriormente”, recalca o alcalde.
Entre as vantaxes do sistema de carga lateral destaca a maior hixiene e limpeza, así como a maior resistencia ante temporais ou actos vandálicos, xa que estes colectores carecen de rodas.
“Este tipo de colectores están xa nas grandes vilas e cidades e melloran considerablemente respecto aos anteriores. É por iso que apelamos á colaboración dos veciños e veciñas porque pese a reducirse o número de unidades o servizo mellora considerablemente, e ademais as vías públicas quedan máis despexadas e haberá menos problemas de circulación viaria”, advirte o alcalde.
En total quedaron colocados 160 novos colectores (80 para lixo orgánico e outros tantos amarelos, de recollida selectiva) nas rúas de Silleda e da Bandeira.
Nas últimas xornadas dende o Concello procedeuse á reoganización de todas as unidades agrupando en distintos tramos os colectores. “O proceso de reordenación está case rematado, pero se hai algunha suxerencia será estudiada”, indica Cuiña.











