publicidade hoxe

Pazos de Borbén convoca un curso de monitor de tiempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénXuventude
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén convocou un novo curso formativo destinado a maiores de 18 anos. Trátase dun ciclo de Monitor de Actividades de Tempo Libre con título homologado pola Xunta de Galicia. A duración total do curso son 350 horas divididas en 200 horas teóricas e 150 prácticas. O prezo do ciclo son 160 euros e conta con 25 prazas dispoñibles.

Este curso permite ao alumno obter o diploma de monitor en actividades de Tempo Libre con acreditación oficial da Xunta de Galicia e está orientado á formación de persoas para realizar e dirixir actividades específicas enfocadas á Infancia e a Xuventude, tanto no tempo libre (campamentos, colonias….) como de animación, na natureza etc…

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. Tanto o horario coma o lugar das clases determinaranse despois de pechar o prazo de inscrición para facilitar a asistencia de todos os participantes.

Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

28 de xaneiro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.