Os 35 premiados na Campaña de Reis de Acipor reciben os seus vales de compra

Entrega de cheques
Os 35 premiados na campaña de Reis da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño ACIPOR recibiron onte os seus cheques regalo, nun acto que se celebrou no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
O alcalde do Porriño, Nelson Santos, acompañou á presidenta da asociación, Juana Pérez, e á xerente desta, Noelia Conde, durante o acto de entrega dos premios, aproveitando para “dar o parabén á asociación de comerciantes do Porriño polo éxito que teñen en cada unha das súas campañas e agradecer novamente as diferentes iniciativas que poñen en marcha e que supoñen un importante impulso para o comercio local, algo esencial e moi positivo para o noso municipio”.
Por cada compra realizada en calquera dos establecementos pertencentes á asociación, o cliente tiña dereito a cubrir un cupón co que participar no sorteo de 35 vales de compra por valor de 60 euros, cambiables en calquera dos comercios de ACIPOR.
A estes últimos vales, hai que sumarlles os 35 que se sortearon na campaña de Nadal, supoñendo un montante total de 4.200 euros, cos que ACIPOR quere premiar e dar as grazas aos que aínda apostan polo comercio local.











