O Porriño informa das novas axudas para o aluguer de viviendas
O Concello do Porriño, a través da concellaría de Benestar Social, que dirixe Teresa Veloso, informa os veciños de que se abriu o prazo para solicitar as novas axudas ao aluguer de vivendas. Esta liña de subvencións inscríbese no marco normativo do “Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas 2013-2016”, dirixido a facilitar o acceso e permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a sectores de poboación con escasos medios económicos.
Esta subvención, de marcado carácter social, supoñerá aos beneficiarios unha axuda de ata o 40% da renda anual que deban aboar polo aluguer da súa vivenda habitual e permanente, cun límite máximo de 200 euros mensuais por vivenda e de 2.400 por ano. Cabe destacar que, segundo establece a convocatoria, o custo máximo do aluguer non pode superar os 500 euros.
Poderán beneficiarse desta axuda calquera persoa que viva en réxime de aluguer ou que teña pensado facelo, sempre e cando non teña relación de parentesco co propietario da vivenda e non sexa usufructuario dalgunha.
Na convocatoria considéranse colectivos preferentes ás familias numerosas, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas con minusvalidez e persoas afectadas por desafiuzamentos.
O prazo de inscrición finaliza o 19 de febreiro. Ata entón, todos aqueles interesados en solicitar esta axuda poden recoller o seu imprimido de solicitude nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello do Porriño, debendo entregar esta debidamente cumplimentar no rexistro do Concello.
Para máis información poden dirixirse aos Servizos Sociais do Porriño ou ben chamando ao Teléfono de Información da Xunta de Galicia 986 805 610.











