O pleno de Silleda trasládase ao luns día 2 de febreiro
O pleno ordinario deste mes en Silleda, que debería de celebrarse o vindeiro xoves 29, retrasarase ao luns día 2 de febreiro. Na xornada de mañá está previsto facer a convocatoria correspondente.
Este cambio de data chega por motivos de axenda do alcalde, Manuel Cuiña, xa que na xornada do xoves 29 será un dos participantes na presentación do grupo Área de Santiago na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid.











