O pleno de Silleda abordará a modificación orzamentaria para trasladar a Escola Municipal de Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A convocatoria do pleno ordinario de Silleda, que se celebrará o vindeiro luns día 2 (20.00 horas) inclúe a creación de unha partida de 60.000 euros no orzamento municipal –que é o prorrogado do ano 2014- para a adaptación do edificio de oficinas do recinto feiral, que pasa a ser municipal, como sede da Escola de Música Municipal de Silleda.

A comisión informativa celebrarase tamén na mesma xornada do luns, ás 11.00 horas.

Tamén se inclue na orde do día un recoñemento extraxudicial de crédito, por algo máis de 10.000 euros e a proposta de adhesión á solicitude formulada dende a Asociación de Empresarios do Deza para a creación de un plan territorial especial de dinamización empresarial.

O debate das mocións completa a orde do día desta sesión ordinaria.

30 de xaneiro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.