O pavillón de Palmeira prepárase para a celebración do festival solidario en favor da Fundación Faibén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Todo está disposto para a celebración no día de mañá dun festival solidario en apoio á infancia a través da fundación Faibén. Será no Pavillón Multiusos Alcalde Torres Colomer, na parroquia de Palmeira, entre as 17 e as 19 horas.

Para poder asistir a este evento, que contará coa participación duns 400 deportistas de artes marciais (kempo e taekundo), zumba, aeróbic, e boxe, basta dar o donativo que cada quen estime voluntariamente.

O programa constará en primeiro lugar de dúas masterclass: unha de zumba a cargo de Marta Lampón e outra de aerobic a cargo de persoal do concello, que se sucederán entre as 17 e as 18.50 horas. Despois terán lugar as exhibicións de Club Kempo Barbanza, El Canario, Club Kenpo Riveira e Natural Sport.

A fundación Faibén, destinataria da recadación, xestiona dende hai catro anos unha casa de familia en Santa Uxía de Riveira para albergar a menores que por determinadas situacións non poden vivir temporalmente nos seus fogares. Actualmente están a dar acubillo a dez nenos, aos que se suman outros catro que xa voltaron de regreso ás súas vivendas de orixe.

Faibén contará cun stand informativo na entrada do pavillón para divulgar a súa actividade e en especial o programa de adopcións especiais que están promovendo.

16 de xaneiro de 2015 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.