O Concello de Silleda rehabilitará a rúa situada na parte traseira da igrexa parroquial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Rúa da parte posterior da igrexa de Silleda

Rúa da parte posterior da igrexa de Silleda

O Concello de Silleda ven de rematar un proxecto para a adecuación e rehabilitación do tramo situado na parte traseira da igrexa parroquial de Silleda, e que une a avenida do Parque coa rúa Santa Olaia.

Esta vía tamén da acceso a vivendas, garaxes, ao colexio María Inmaculada, e ao albergue San Olaia, enlazando ademais co parque infantil situado na praza aledaña.

Trátase pois dunha zona cercana a equipamentos con gran tránsito peonil, e que conta cun pavimento moi degradado e tamén barreiras arquitectónicas.

Con este proxecto de mellora preténdese homexeneizar os pavimentos desta zona, formando unha unidade xunto co entorno do templo parroquial e da avenida.

Este pavimento revalorizará as características estéticas do conxunto, dando unha sensación de unidade epacial e ao mesmo tempo suprimindo as barreiras arquitectónicas e polo tanto mellorando a accesibilidade.

A inversión prevista é de 62.093,33 euros. O proxecto optará á orde de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que regula a concesión de axudas para a mellora, ampliación ou rehabiltiación de espazos públicos . A través desta subvención a Administración Autonómica subvencionaría o 80% da inversión, ata un máximo de 40.000 euros.

Nesta obra empregarase un pavimento único de lousa de granito igual á existente no lugar, executándose as pendentes necesarias para o correcto desaugue na rede de sumidoiros. Tamén se limparán e adecuarán os muretes perimetrais da igrexa e do parque infantil, para lograr un acabado unificado e respetuoso co entorno.

“Esta actuación enmárcase na mellora de espazos públicos que vimos realizando, e búscase deixar este tramo rematado dende o punto de vista estético, pero tamén gañando en accesibilidade e funcionalidade”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.

Este tramo discorre ademais mo preto do Camiño de Santiago, e a tales efectos a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa informou favorablemente sobre as obras a realizar, expresando así mesmo unha serie de consideracións que xa foron incluídas na documentación do proxecta.

Manuel Cuiña lembra que esta zona que rodea á igrexa de Santa Olaia sufriu diferentes reformas ao longo dos últimos anos. “No caso deste tramo situado na parte de atrás do templo a situación hai varias deficiencias que deben de subsanarse, con beirarrúas sen rematar ou unha calzada de aglomerado en malas condicións, entre outros, e tamén con materiais e acabados que non son acordes ás estética da zona”, engade Cuiña, que advirte que esta zona se revalorizará coa actuación proxectada.

21 de xaneiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.