O Concello de Silleda continuará co orzamento de 2014 prorrogado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda continuará co orzamento de 2014 prorrogado. Así se decidiu hoxe na Xunta de Goberno Local logo de que os distintos informes técnicos dos que se dispón ata o momento arroxaran dudas sobre os supostos que permite a Lei 27/2013 de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.

“Continuaremos a traballar pero co orzamento prorrogado”, explica o alcalde e responsable municipal de Facenda, “xa que por puro electoralismo os mellores orzamentos da historia recente de Silleda se viron truncados no pleno”, engade.

O goberno deixa aberta a posibilidade de unha posible aprobación nun futuro en canto se dispoña dos informes solicitados a distintas institucións.

“Con todos os respetos a Venezuela, en Silleda saímos do caos no que estábamos instaurados no ano 2007 gracias a gobernos como este, que soupo facer as cousas ben. O que demostran os grupos que hoxe están na oposición é que coma antes non souberon goberar, agora tampouco saben facer oposición, e que lles importa un bledo o seu pobo e os seus veciños, por iso botan abaixo o mellor orzamento da historia de Silleda”, di Cuiña, “e iso pese a recoller case todas as súas aportacións para inversión”, engade o alcalde.

“Se o que conseguiu que o seu Concello pase de ser o máis endebedado de Galicia a ser un dos que máis invirten é un tirano, ¿qué se pode decir destes lumbreras da oposición?. Eu diría que son unha pandilla de charlatáns en busca dun posto persoal”, apunta.

Do mesmo xeito, Cuiña apunta que “foi unha pena que o portavoz do PP non tivera pedido informes á Xunta de Galicia antes de facer o ridículo denunciándonos en Madrid no Tribunal Administrativo de Recursos Contractuales pola adxudicación do SAF, un tribunal que non tardou nin 15 días en sacarlles a razón”.

“É este goberno municipal a quen corresponde xestionar este Concello, e creo que ata o de agora, no tocante ás contas, non caben reproches a este goberno. É por iso que seguiremos traballando como ata agora, con responsabilidade e sempre mirando polo ben dos cidadáns, pero cun orzamento prorrogado, lamentablemente”, explica Cuiña.

O alcalde reitera que a “politización que se está a facer con certas propostas incluidas nos históricos orzamentos que deseñamos para 2015 vai dar ao traste con proxectos importantes para Silleda e con visión de futuro, pero en todo caso este goberno non vai ceder non seu empeño de seguir loitando por actuacións que considera xustas, necesarias e posibles”, sinala.

Así, Manuel Cuiña lembra que “este goberno foi quen de facer unha xestión impecable a nivel económico en época de crise e cunhas arcas municipais esquilmadas por longos anos de desfilfarro do PP”. “Temos os pagos ao día, desfixémonos do lastre do remanente negativo de tesourería, pagamos as débedas, algunhas delas históricas, e aínda así seguimos prestando servizos cada vez mellores e realizando obras. Se fomos capaces de facelo en época de vacas flacas, continuaremos a traballar no que queda de lexislatura coa mesma filosofía e coas mesmas ganas”, remata.

9 de xaneiro de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.