O Concello de Silleda acomete a limpeza de cunetas en Cortegada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Limpeza de cunetas en Cortegada

Limpeza de cunetas en Cortegada

O Concello de Silleda continúa limpando cunetas nas vías do rural. Nos últimos días operarios municipais están a realizar estas tarefas en Cortegada (na imaxe na pista entre Camporrapado e A Brea). Con estas actuacións mellóranse as condicións dos accesos evitando a acumulación de augas. Tamén se levan realizado estas accións nas últimas semanas en parroquias como a de Laro. Dende a Concellería de Medio Rural continuarase actuando nos lugares onde o atascamento das beiravías cause problemas.

21 de xaneiro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.