O Concello de Riveira substituirá a totalidade das lousas e adoquíns danados de rúa Manzanares e praza de Teruel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de adxudicar unha nova actuación consistente na substitución da totalidade de lousas e adoquíns de granito que se atopan en mal estado na rúa Manzanares e na adxacente praza de Teruel.

A empresa Sograni, S.L., resultou a entidade adxudicataria. A execución da obra comporta un investimento de 34.157,50 euros, IVE incluído.

Conforme ao proxecto elaborado, serán substituídas as lousas e adoquíns danados e tamén reparado o encintado das mesmas. Previo á adxudicación da actuación, os servizos técnicos realizaron un estudo do pavimento que é preciso arranxar, que arroxou a necesidade de substituír un total de 218 metros cadrados: 176,2 na praza de Teruel e 41,8 na rúa Manzanares.

5 de xaneiro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.