O BNG de Silleda demanda o arranxo inmediato das fochancas na rúa Chousa Nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Fochancas no asfalto

Fochancas no asfalto

O Bloque Nacionalista Galego de Silleda deu a coñecer a través do seu portavoz municipal, Matías Rodríguez da Torre, a situación de deterioro que sofre a rúa Chousa Nova en Silleda, a cal nun curto treito duns 100 metros contabiliza até tres fochancas considerábeis, as cales xa teñen sido sorpresa desagradábel para os condutores, polos cales os BNG foi advertido ao comprobar que o governo municipal non poñía até o de agora ningún tipo de remedio para proceder a unha solución, que ben podería pasar por unha pequena operación de “bacheo”.

Os buratos, algúns deles -como se mostra nos documentos gráficos- de grande profundidade, atópanse entre a confluencia da rúa Chousa Nova (a do Centro de Saúde silledense) e a bifurcación das rúas Avenida do Parque e María S. Colmeiro.

O Bloque demanda con esta denuncia que o governo tamén pense nas cousas de andar por casa, pois xa non é a primeira vez que sofre reclamacións e queixas de particulares, viandantes e condutores de vehículos, polo estado das estradas e beirarrúas e recrimínalle ao governo que arranxar estes problema é atender á xente, e aínda que estas solucións non dean para sacar fotos e vender fume, e tan só sirvan para facerlle a vida máis segura e cómoda ás persoas, que ademias son contribuíntes cos seus impostos para teren estas mínimas atencións que benefician a toda a comunidade.

28 de xaneiro de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.