O alcalde de Silleda recórdalle ao PP que o goberno municipal se dedica a rematar obras de anteriores gobernos
O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, lémbralle ao PP que o goberno municipal “logo de pagar as débedas que herdamos de gobernos populares nos estamos a dedicar a rematar as obras que eles deixaron sen acabar”, indica.
Ao fío das críticas pola situación da rúa Esmorga da Bandeira, o alcalde dí “que teñen moi mala memoria porque xa se explicou por activa e por pasiva a situación desa rúa”, engade.
Así, o alcalde explica que esa rúa estivo “durante moitos anos sen luz porque Hidroeléctrica non daba máis altas pola débeda histórica que tiña co Concello, e que solucionou este goberno”, engade. “Tiveron tempo de dar servizo de alumeado e rematar as aceras, aínda que agora lles falle a memoria”, prosigue.
15.000 euros de recargo para o enganche e cables roubados
O alcalde explica que o goberno local tivo que pagar á empresa Hidroeléctrica 15.000 euros de recargo (por lecturas atrasadas) para poñer en funcionamento o alumeao público na rúa, “pero desgraciadamente xusto antes de prender tanto a rúa Esmorga como a Chousa Grande, produciuse como todo o mundo sabe o roubo de todo o cableado neses tramos”, reitera.
O rexedor explica que para dar servizo de alumeado dende o Concello de Silleda haberá que facer unha inversión destacada “para instalar de novo todo o cableado”.
“Que o PP esté tranquilo que mentres sigamos gobernando acometeremos o remate dese tramo, tanto no referente ás beirarrúas como ao alumeado. Xa o estamos facendo ca rúa Morón, onde inexplicablemente deixaron un tramo sen plaqueta e seguirémolo facendo”, engade.











