Entréganse os premios do XV Concurso de Escaparates Concello de Silleda

Entrega de premios
Os premios do XV Concurso de Escaparates do Concello de Silleda entregáronse hoxe no Salón de Plenos do Concello nun acto presidido polo alcalde, Manuel Cuiña, e no que tamén participaron o concelleiro de Comercio, Luis Rodríguez, o presidente de ECOS, Alberto López, Katiuska Ramos, do Hotel Vía Argentum e a coordinadora do Ciclo de Comercio e Marketin do IES Colmeiro, Helena González.
Na edición deste ano o primeiro premio, outorgado polo Concello de Silleda foi para Óptica Silva. Está dotado con 200 euros e diploma e unha cea para 2 persoas, por xentileza do Hotel Vía Argentum.
O premio ao escaparate máis orixinal e innovador recaeu en Floristería Marbelis, e conta con 150 euros e diploma, (premio outorgado por Espina y Delfín, e un acceso para dúas persoas ao circuito termal do citado hotel de Silleda.
O premio ao escaparate máis comercial con exposición do produto, dotado con 100 euros en billetes de ECOS para mercar establecementos asociados, e unha merenda para 2 persoas en Vía Argentum é para Sistemas Integrales.
O xurado estivo presidido polo concelleiro de Comercio, Luis Rodríguez, e formado por alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercio e Márketin do IES Pintor Colmeiro, en concreto por Patricia Pampín Rodríguez, Carla Rodríguez Campos, María Núñez Rodríguez e Sergio Esperante Lugo, baixo a coordinación da profesora e responsable do ciclo María Helena González. Todos eles tamén recibirán cadanseu diplomaEn total participaron 58 establecementos (54 de Silleda e 4 da Bandeira) que decoraron con interese e espíritu comercial e navideño os seus escaparates.











