Entréganse os diplomas aos 35 participantes nos cursos de formación do Plan de Desenvolvemento Xitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O Multicentro de Torneiros acolleu esta mañá o acto de entrega de diplomas aos asistentes ás accións formativas enmarcadas no Plan de Desenvolvemento Xitano posto en marcha polo Concello do Porriño, a través da concellaría de Servizos Sociais, que dirixe Teresa Veloso.

O alcalde do Porriño, Nelson Santos, acompañado da edil de Benestar Social, fixo entrega do diploma que acredita a formación dos 35 participantes. Un total de 18 mulleres e 14 homes asistiron aos cursos homologados de Manipulador de Alimentos, Carretillero ou Patchwork, co fin de complementar os seus coñecementos e facilitar o seu acceso a calquera posto de traballo.

O obxectivo final deste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, é a promoción da integración social deste colectivo que se encontra nunha situación aguda de exclusión social e desemprego, así como facilitar o seu acceso e incorporación efectiva ao mercado laboral.

Por iso, o rexedor quixo trasladar aos participantes a importancia de ter realizado accións formativas deste tipo que “sempre complementa os vosos coñecementos e aumentan as vosas posibilidades á hora da inserción laboral’.

“Dende o Concello do Porriño estamos envorcados en conseguir a empregabilidade do colectivo xitano, e con iso a súa integración social”, explica Nelson Santos, que conclúe “Continuaremos poñendo sobre a mesa medidas que permitan acceder ao mundo laboral a todos os perfís sociais”

Porriño é unha das localidades de Galicia cun maior número de familias xitanas

O noso municipio conta cun total de 179 persoas adheridas a este plan de desenvolvemento; polo que dende o Concello se veñen realizando dende hai case dúas décadas programas deste tipo, logrando durante varios anos formar persoas da comunidade xitana que non tiñan sequera coñecementos básicos de escritura e lectura, como primeiro paso para a inclusión social deste colectivo.

O Plan de Desenvolvemento Xitano desenvolve varias liñas de actuación, os cursos formativos e plans de alfabetización para adultos, a promoción da convivencia cidadá e interacción social deste colectivo e o control e redución do absentismo escolar, conseguindo na actualidade o índice de escolarización no noso municipio sexa do 100%

19 de xaneiro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.