Conclúe a pavimentación do entorno de cruceiro dos Remedios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Pavimentación no entorno do cruceiro dos Remedios

Pavimentación no entorno do cruceiro dos Remedios

O Concello de Riveira informa da conclusión esta mesma semana das obras de pavimentación do entorno do Cruceiro dos Remedios, no barrio de Deán Pequeno: unha actuación que estivo sendo desenvolvida pola empresa Serdeco Contratas, S.L., e que tivo un orzamento de 54.709,64 euros.

A execución destes labores supuxo mellora e humanización da zona empregando lousas de granito abuxardado, con dimensións de 60x40x8 centímetros, combinadas con adoquín de granito de 20x10x8 centímetros.

O Concello de Riveira elaborou un novo proxecto técnico co fin de seguir mellorando este entorno antes do fin da lexislatura. Concretamente, pavimentaranse con aglomerado asfáltico dous camiños situados xusto a carón da zona na que se acaba de actuar: un que conduce á avenida de Ferrol e o outro que se adentra no núcleo de Deán Pequeno.

Esta próxima obra terá un importe de 58.032 euros e un prazo de execución dun mes e medio.

 

23 de xaneiro de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.