Colócanse os colectores amarelos de carga lateral no casco urbano de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Distribución dos colectores amarelos

Distribución dos colectores amarelos

As tarefas para completar as dotacións dos novos colectores laterais para a recollida de lixo continuaron hoxe en Silleda coa instalación nas rúas da vila dos colectores de cor amarelo, destinados á recollida selectiva (bricks, latas e envases de plástico).

Ao igual que no caso dos verdes, de orgánico, instalaranse un total de 80 unidades, tamén de carga lateral. Estes dispositivos, que triplican a capacidade dos anteriores colectores, estarán colocados de forma conxunta xunto aos verdes, e procurarse facer pequeñas illas para colocar todas as modalidades dispoñibles para o depósito de residuos (orgánico, amarelo, vidro e papel-cartón).

A dotación de colectores amarelos continuará nos vindeiros días chegando tamén á rúas do casco urbano da Bandeira.

Reparto no rural

Por outra banda, logo da retirada dos colectores antigos de orgánico, dende o goberno municipal, como xa se informou en días pasados, estase a realizar un reparto de unidades no rural, onde o déficit de colectores virá a reducirse con esta medida.

A semana pasada xa se iniciou a colocación en varias localidades onde os veciños formularon a pertinente solicitude dos colectores verdes que foron retirados dos cascos urbanos.

A dotación de unidades de carga lateral, que xa se usa nas grandes vilas e cidades, é unha das melloras recollida no novo contrato asinado con Celta Prix para a recollida de lixo.

29 de xaneiro de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.