publicidade hoxe

Clausura do curso de automaquillaxe de Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+
Clausura do curso

Clausura do curso

Os edís de Pazos de Borbén,José Angel Cerezo Costas e Lorena Domínguez Míguez clausuraron este fin de semana o Curso de Automaquillaxe que impartía o Concello dende o pasado mes de outubro na Casa do Pensionista de Amoedo. O ciclo, de 30 horas de duración, contou coa participación de 26 veciñas tanto do propio municipio coma dos arredores.

O curso contaba con diversos módulos nos que as alumnas aprenderon a dominar a maquillaxe máis apropiada para cada momento do día, modas e ocasións especiais, resaltar puntos clave da súa fisionomía ademais da elixir a maquillaxe que máis se adapta ás súas faccións e ao seu ton de pel.

Despois da entrega de diplomas, a edil Lorena Domínguez resaltou que “unha das principais vantaxes deste curso foi que ao dividirse en varias sesións, as alumnas podían practicar entre cada clase e así resolver as dúbidas que lle xurdían coa práctica”. A actividade é unha das máis demandadas tanta polas mozas como por mulleres de todas as idades, polo que non se descarta a idea de repetila proximamente.

26 de xaneiro de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.