publicidade hoxe

Benestar destina 57,4 millóns ao mantemento de 4.000 prazas de maiores e discapacidade da provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal PortadaNigránO PorriñoPontevedra
A-
A+
Coro Piñeiro na visita aos centros

Coro Piñeiro na visita aos centros

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, percorreu hoxe diversos centros de maiores e de discapacidade do sur da provincia de Pontevedra para pulsar a súa realidade cunha perspectiva global que permita posteriores actuacións, se fose necesario. En concreto, mantivo un encontro cos directores, traballadores e cos usuarios dos centros ocupacionais Juan María e Castro Navas, de Nigrán; do centro residencial terapéutico de persoas con autismo O Salgueiro de Gondomar; e da unidade de atención terapéutica de alzhéimer do Porriño.

A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.

A dependencia é unha prioridade para o Goberno galego. En concreto, na provincia de Pontevedra existen máis de 4.000 prazas públicas de maiores e discapacidade ás que a Consellería de Traballo e Benestar destina ao ano 57,4 millóns de euros. Para persoas maiores ofértanse máis de 2.400 prazas públicas, un 25% máis que en 2009 e preto de 1.600 para persoas con discapacidade, o que supón un 1,8% máis que en 2009.

Ademais, tal e como reflicten os orzamentos de 2015, a Xunta destinan este ano case 300 millóns de euros á atención á dependencia en Galicia, o que supón un incremento de 20 millóns de euros con respecto a este ano. Trátase, un ano máis, da partida que concentra o maior esforzo orzamentario da Consellería de Traballo.

30 de xaneiro de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.