Belén do Campo participa na xornada de portas abertas do CEIP Sada y sus Contornos
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, asistiu esta tarde á xornada de portas abertas que organiza conxuntamente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Sada para dar a coñecer aos veciños da vila a ampliación do colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Sada y sus Contornos. O novo inmoble, con capacidade para 125 alumnos e alumnas, púxose en funcionamento este mes despois dun investimento por parte do Goberno galego de máis de 680.000 euros.