Acipor fixo entrega dos premios aos gañadores de Pinchorriño

Gañadores Pinchoporriño
De entre os máis de 15.000 trípticos selados durante a novena edición do Pinchorriño, os de Miguel Rodríguez, veciño de Torneiros, e José Blanco, do Porriño, foron finalmente os agraciados cunha estanza para dúas persoas nunha casa de turismo rural. O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, a presidenta de ACIPOR, Juana Pérez, e a xerente da asociación de comerciantes, Noelia Conde, foron os encargados de entregar onte o premio aos dous gañadores.
Nesta ocasión, había un premiado máis que en anos anteriores pois, a aplicación Rutappa, que mostraba distintas rutas, mapa e imaxes do pincho que ofrecía cada local participante e mesmo os ingredientes deste, tamén nos deixou unha gañadora. De entre as máis de 1400 descargas que daban entrada ao sorteo dunha noite no Hotel Balneario Mondariz que inclúe un percorrido termal no Pazo de Auga, a agraciada foi outra veciña do Porriño, Nuria Carrera Bugarín, que onte recibiu tamén o seu premio.
Os tres premiados comentaron que eran asiduos a estas xornadas gastronómicas e que, nesta ocasión, encheran varios cupóns.
Concello e ACIPOR aproveitaron para agradecer e felicitar novamente a todos os participantes nestas xornadas, tanto aos clientes coma aos hostaleiros do Porriño, cuxa colaboración e bo facer permitiu que o evento, un ano máis, superase as expectativas previstas.











