A Policía Local do Porriño leva a cabo unha campaña de prevención de consumo e tenza de drogas
A Policía Local do Porriño vén exercendo dende hai dous meses unha campaña de prevención de consumo e tenza de drogas en zonas de esparexemento como parques e espazos de ocio, baseada na vixilancia do ámbito en puntos onde existe a probabilidade de que se produza tráfico minorista, e na puntual desarticulación destes.
No transcurso, confeccionáronse máis de 20 actas de intervención de substancias estupefacientes de diferentes clases (heroína, cocaína, marihuana e hachix), iniciándose os correspondentes expedientes administrativos.
A este respecto, a Policía Local do Porriño basea a súa campaña en dúas liñas básicas de actuación. Por unha parte, a erradicación deste tipo de feitos delituosos, e en segundo lugar, aínda que non menos importante, a prevención do consumo e tenza de substancias ilícitas na vía pública.
O Porriño aposta pola prevención como factor clave na erradicación do consumo de drogas
A concellaría de Seguridade Ciudadana do Concello do Porriño, que dirixe José Manuel Jacobo, prepara unha serie de charlas informativas en materia de prevención do consumo de drogas, nos diferentes institutos da nosa vila.
“Dende o Concello consideramos esencial dotar os nosos mozos das ferramentas necesarias para que, nun futuro, poidan tomar decisións responsables fronte ao consumo destas substancias”, sinala o alcalde do Porriño, Nelson Santos, que conclúe, “Neste sentido, consideramos que a educación é un factor clave na prevención e erradicación do consumo de drogas. Este goberno seguirá desenvolvendo campañas e plans que promovan entre os nosos mozos uns hábitos de vida saudables, pois eles son a maior aposta de futuro pode ter a nosa sociedade”.
Os efectos destas abranguen un amplo abano de afeccións segundo o tipo de droga que se consuma: excitantes ou depresoras; unhas aceleran o noso funcionamento mental, e outras retárdano ou distorsionan, algunhas producen alucinacións ou cambios na percepción da realidade. En resumo, o consumo de drogas provoca unha serie de efectos que alteran as nosas capacidades, modifican o noso xeito de pensar, de funcionar, de relacionarnos cos demais e de enfrontarnos aos desafíos da realidade. En definitiva, fannos menos protagonistas da nosa vida.











