Xunta e Concello de Riveira reforzarán o control no funcionamento da lonxa ante a nova normativa sobre trazabilidade alimentaria
Con motivo da entrada en vigor no día de hoxe da nova normativa europea en materia de etiquetado de produtos pesqueiros e trazabilidade alimentaria, a Xunta de Galicia e o Concello de Riveira acordaron activar un dispositivo destinado a reforzar o control para garantir o correcto funcionamento da lonxa.
O operativo comezará a funcionar a partir deste luns e para a súa posta en marcha contarase co apoio da Policía Local e Inspección Pequeira, asegurándose de que os produtos comercializados leven o seu correspondente etiquetado e de que os operadores estén convenientemente autorizados para poder realizar transaccións no recinto.
Solicítase colaboración e comprensión ante a necesidade de dar cumprimento a estos regulamentos comunitarios.











