Unha mostra exhibe en Riveira medio cento de obras e documentos vinculados a Carlos García Bayón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Biblioteca Municipal de Riveira está albergar dende hoxe e ata o vindeiro 9 de xaneiro unha exposición dedicada a quen fora cronista oficial deste Concello, Carlos García Bayón, con motivo da conmemoración do centenario do seu nacemento.

A mostra está formada por abundante material: 19 libros, 8 artigos figuran noutros tantos libros de festas, 7 reseñas biográficas sobre a súa figura e 15 documentos habitualmente custodiados no arquivo municipal. Entre eles, algúns tan salientables como o seu estudo etimolóxico do topónimo Riveira e a acta de sesión plenaria de 1984 sobre a denominación oficial do municipio e a cidade; a acta de sesión plenaria de 1983 sobre a denominación da rúa García Bayón e o seu nomeamento como cronista oficial, ou tamén un proxecto de blasón municipal, parte do cal está reflexado hoxe en día no escudo e a bandeira do noso Concello.

Tamén consta na exposición o catálogo de pezas megalíticas que integran a colección Ares, doada por Garcia Bayón e exhibida na Sala Museo Municipal.

Con motivo da apertura desta mostra achegáronse ata a Biblioteca o alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros Juan Luis Martínez e Maricarmen Vizcaya, ademais de estar presentes Ana García e Ramón Triñanes como representantes da familia e do colexio que leva o nome do homenaxeado e en relación ao cal tamén se amosan interesantes documentos.

A exposición pode ser visitada de luns a venres, de 9.30 a 14 e de 17 a 21 horas.

16 de decembro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.