Ultímase a instalación do novo sistema de iluminación no campo de fútbol da Bandeira
Os traballos da instalación do novo sistema de iluminación do campo de fútbol da Gandareira, na Bandeira, están xa a piques de rematar.
Con esta actuación, que se iniciou hai varias semanas, arranca o proxecto para remodelar por completo este estadio.
Esta obra, realizada polo Concello a través da axuda que lle corresponde do Fondo de Compensación Ambiental, con unha inversión de 42.655 euros e supón o punto de partida do ambicioso proxecto de remodelación do campo, que se fará en colaboración coa Deputación de Pontevedra
Ao organismo provincial correspóndelle as obras de dotación de herba artificial e mellora das instalacións da Gandareira. Así, ademais do terreo de xogo ampliarase o recinto para construir novos vestiarios e gradas.
Ao mesmo tempo, coa nova iluminación tamén se busca optimizar a instalación lumínica do recinto, co consecuente aforro enerxético. Así reducirase a potencia con unha instalación de 16 luminarias repartidas en 4 torres. A dotación será similar a doutros campos de fútbol do municipio, coma do de Outeiriño, en Silleda.
Co inicio destas obras na iluminación o Concello de Silleda asume así a súa aportación aos traballos de mellora e renovación deste estadio de fútbol, que se completará logo do compromiso adquirido coa Deputación de Pontevedra.











