Silleda Solidaria agradece á Asociación O Mencer unha nova doazón ao Banco de Alimentos
O Concello de Silleda agradece, unha vez máis, ao colectivo O Mencer de Lalín a doazón de 200 kilos de froita fresca. O Banco de Alimentos recibiu nos últimos días laranxas e mandarinas que se repartirán entre as familias con menos recursos.
Así mesmo, dende o programa municipal Silleda Solidaria tamén se quere facer un agradecemento expreso aos supermercados que están a colaborar co Banco de Alimentos, así como a todos aqueles clientes que fan as súas aportacións. “Grazas ao xesto de moita xente anónima estamos a cubrir as necesidades das familias usuarias dos Servizos Sociais, que a través deste programa municipal está a repartir os produtos alimentarios”, engade a concelleira de Benestar e Igualdade, Dolores García.











