publicidade hoxe

Pazos de Borbén clausura o curso de acompañante de transporte escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A edil de Educación de Pazos de Borbén, Montserrat Fragueiro, clausurou estefin de semana o Curso de Acompañante de Transporte Escolar que impartía o Concello dende o pasado mes de setembro. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do plan “Actívate” da Deputación de Pontevedra e levada a cabo en colaboración co Concello de Pazos de Borbén.

Este curso, de 40 horas de duración, estaba enfocado a persoas que traballen ou desexen traballar acompañando nenos mentres viaxan no autobús escolar. O obxectivo era formar o alumno para que sexa capaz de desenvolver o seu labor de atención educativa, apoio e vixilancia dos nenos, facendo especial fincapé en temas como a educación, primeiros auxilios, prevención de riscos, a xestión do ocio e tempo libre, etc.

O propósito deste ciclo non é outro que o de desenvolver políticas que xeren emprego cunha dimensión local ademais de supoñer unha mellora na empleabilidad dos alumnos grazas á súa formación teórica e sugran especialización profesional, ao ser un programa enfocado fundamentalmente aos coñecementos prácticos.

22 de decembro de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.