Os concellos do Porriño e Tui únense para reclamar a escolarización dos nenos xitanos zamoranos
O Concello do Porriño (Pontevedra) fixo público un comunicado, asinado polos voceiros de PP, BNG e PSOE, no que reclaman a actuación das autoridades competentes, así como a adopción de medidas xudiciais para garantir a escolarización do grupo de nenos xitanos zamoranos e os dereitos de residencia e traballo dos seus pais, con motivo do conflito que enfronta a dous grupos de feirantes de este colectivo.
Así, a corporación porriñesa, ao igual que o fixo a de Tui nas últimas horas, recordou que “ningunha circunstancia persoal ou social” pode ser esgrimida para que os dereitos fundamentais desas persoas (unhas 400, entre as que habería un centenar de menores) queden desprotexidos.
No comunicado, os partidos da corporación recordan que “o respecto á lei e aos dereitos dos demais, como fundamento da paz social, son deberes que deben ser acatados por todos os cidadáns e poderes públicos”.
Nesa liña, reclamaron a actuación de Xunta, subdelegación do Gobierno, Fiscalía, e demais autoridades competentes para que poñan solución ao conflito que enfronta a dous bandos, e que orixinou a marcha de varios centenares de xitanos zamoranos (que volveron, pero seguen sin enviar aos seus nenos aos colexios, por medo a represalias).
De feito, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia iniciou unha investigación, no marco da cal, chamou a declarar ao presidente da Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos, Francisco Romero Alvite. Así mesmo, citou o presidente de Sociedade Xitana de Galicia, Sinaí Giménez, para o día 10 de decembro.
O Ministerio Fiscal iniciou as dilixencias o pasado 11 de novembro, co fin de dilucidar se se cometeu algún delito neste conflito, no que, supostamente, se produciría o ‘desterro’ de catro pastores evanxélicos, aos que acompañaron decenas de familias de xitanos zamoranos. Entre as dilixencias, pediu informes a Educación sobre a escolarización dos nenos, e tamén á Garda Civil sobre o conflito dos feirantes.











