Os alumnos de Aceesca celebran no Porriño o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Actividade no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Actividade no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe día 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e o noso municipio, quixo conmemoralo participando cos alumnos de ACEESCA en talleres representativos das actividades artesanais que se elaboran a diario neste centro; deste xeito a praza Arquitecto Antonio Palacios acollía desde as 11.00 h desta mañá, a preto de 30 usuarios de diversas idades que confeccionaron, ante os veciños, alfombras, bixutaría, tapetes, macetas, así como unha gran variedade de produtos que unha vez terminados ponse á venda con prezos ao alcance de calquera peto.

Pero os usuarios de ACEESCA tiñan unha sorpresa máis para todos os viandantes, ás 12.00 h contaxiáronnos de alegría cun Flash move ao ritmo do tema “Bailando” de Enrique Iglesias, ao que seguiu unha solta de globos que encheron o ceo de cor.

ACEESCA é unha asociación sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, fundada en 1983 por nais, pais e familiares de persoas con discapacidade intelectual; é unha entidade de iniciativa social co obxectivo de atender e promocionar a integración. Entre as súas numerosas actividades, destaca a creación de “ACEESCA Emprego”, unha empresa creada co fin de dar saída profesional ás persoas con discapacidade, como paso previo á inserción no mercado laboral.

Esta asociación a través do slogan “Un socio, unha ilusión”, busca colaboradores que axuden a dar continuidade ao seu traballo con cotas anuais desde 12 € en diante; con esta achega contribúes ao desenvolvimiento do proxecto de vida garantindo o cumprimento dos seus dereitos e facendo reaslidad os seus soños e ilusións.

Outra forma de colaborar con eles é adquirindo algún dos seus produtos artesáns tanto o o propio centro situado en Torneiros, como todos os martes na praza de abastos de Porriño de 10.00 a 13.00 h; esta é, sen dúbida, unha estupenda opción a ter en conta agora que empezamos a realizar as compras dos agasallos do Nadal.  

3 de decembro de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.